3.392 estudantes de 70 centros de ensino participaron en "O galego a miña lingua propia"

Presentación do programa en Compostela a pasada primavera.
Presentación do programa en Compostela a pasada primavera.

A iniciativa da área de Lingua e Cultura da Deputación da Coruña animou a usar a noa lingua a mozos e mozas de centros públicos de 43 concellos.

3.392 estudantes de 70 centros de ensino participaron en "O galego a miña lingua propia"

O programa O galego a miña lingua propia chega ao seu fin despois de percorrer 43 concellos da Coruña e atoparse con máis de tres mil mozas e mozos cunha proposta de actividades encamiñada a eliminar prexuízos contra o galego e defendelo como lingua de prestixio. Con actividades de interese para a xente moza como é o audiovisual,  a música ou o graffiti. 

 

"Reforzar o galego como lingua propia, con valor e prestixio, foi o obxectivo deste programa que tivo uns estupendos resultados, en especial, porque conectou coa xente nova, algo imprescindíbel para garantir o futuro da lingua, nunhas idades en que se pode modificar actitudes e comportamentos lingüísticos", sinala Goretti Sanmartín, responsábel da área de Lingua e Cultura.

 

Os concellos de Outes, Santa Comba, A Baña, Betanzos, Narón, Fisterra, Carral, Cerceda, Miño, A Coruña, Oroso, Frades, Melide, Rianxo, Abegondo, Ames, Arzúa, Rois, Cee, Mesía, Ribeira, Carnota, Porto do Son, Vimianzo, Dumbría, Tordoia, Cedeira, Arteixo, Trazo, A Pobra, Ferrol, Culleredo, Pontedeume, Boiro, Muros, Carballo, Ponteceso, Teo, Sada, Oleiros, Cambre, Ordes e Santiago de Compostela acolleron desde o pasado mes de maio as máis de noventa sesións de actividades encamiñadas a gabarse do galego e defender o seu uso como lingua de prestixio.